A exposición permanente do Mupega distribúese ao longo das tres plantas do edificio ocupando arredor duns 1200 metros cadrados, dos 3500 de superficie útil que presenta o edificio.
Na planta baixa atópasen os seguintes servizos do museo:
-
Biblioteca auxiliar con servizos de consulta bibliográfica, hemerógrafica e de publicacións periódicas, fototeca, fonoteca e videoteca.
-
Sala de investigadores
- Salón de Actos con capacidade para 112 persoas
Ademais nesta planta de entrada ofrécenselle ao visitante os referentes básicos para situalo no tempo, no espazo e na temática específica do museo, para o que se presentan os seguintes módulos museográficos:
-
Solaina de educadores galegos
-
Os materiais didácticos
-
Os xogos e xoguetes
-
Peza do mes
Na planta primeira ubícanse cinco seccións expositivas que responden a esta nomenclatura :
-
O mundo infantil: ciclo da infancia e xogos e xoguetes
-
A administración educativa
-
As escolas chegadas de alén mar
-
O sistema educativo
-
Zona de exposicións temporais
O segundo andar presenta unha disposición análoga á primeira, agás unha pequena zona que se destina ás labores administrativas. Así, podemos observar os diferentes espazos museísticos:
-
As aulas no tempo: escolas de ferrado, restauración borbónica, da segunda república e franquista.
-
Educación Especial
-
A Rede Mupega. Bases e mostra dos fondos dos antigos institutos provinciais fundadores da devandita Rede.
-
O ensino secundario e profesional. Orixes