Atrapados no museo

Atrapados no museo

Escape room familiar: “Atrapados no museo”

23, 29 e 30 de decembro ás 16:00 e ás 17:30

Grupos de 4 a 8 persoas formados por adultos e nenos/as (a partir de 8 anos)

Actividade gratuíta Imprescindible reserva previa*

 

Un fallo no sistema de seguridade fai saltar a alarma e bloquea tódalas portas de saída. Estades atrapados no museo! Deberedes descubrir pistas e resolver varios enigmas nas salas do museo para poder escapar. Seredes quen de saír?

 

*A reserva debe realizarse para a totalidade do grupo participante. Na solicitude deberá sinalarse o nome de tódolos membros do grupo, indicando en cada un se se trata de público adulto ou infantil, así como o día e hora para o que se solicita a reserva. Os datos para os que non apareza un campo específico no formulario deberán engadirse no apartado de “Observacións”. As solicitudes que non cumpran estes requisitos non serán válidas.

 Terán prioridade de reserva aquelas persoas que non teñan asistido a esta actividade con anterioridade.