A Gabeta do Mupega
Que é?
Nacida como un xeito de achegar o Museo Pedagóxico aos centros escolares durante a pandemia, a Gabeta do Mupega pasa agora a ser o lugar no que se recollen os diferentes recursos para escolares elaborados pola Área de Didáctica do museo.
Trátase dun compendio de materiais didácticos en distintos formatos (interactivos, vídeos, presentacións...) cos que traballar na aula contidos relacionados coa historia da educación e do mundo da infancia en Galicia.
A quen vai dirixida?
A centros e profesorado de Educación Primaria e Secundaria. A maior parte dos recursos que contén a Gabeta poden ser empregados nas aulas como complemento á visita ao museo ou independentemente dela.
Que materiais contén?
Nos arquivos adxuntos pódense consultar os contidos actuais da Gabeta. Trátase dun listado aberto que seguirá a medrar no futuro.
Como solicitala?
A Gabeta faise chegar a todo o profesorado interesado a través do correo electrónico. Para solicitala tan só é preciso cumplimentar o formulario online que se atopa ao final desta páxina.