No Museo Pedagóxico de Galicia organízanse periodicamente actividades dirixidas a distintos tipos de público. O obxectivo das mesmas é aproximar o museo á cidadanía e, en particular, ao público máis novo.
Para aquelas actividades que requiren reserva previa, esta deberá realizarse mediante a solicitude online que se atopa ao final desta páxina. A reserva quedará formalizada no momento no que se reciba como resposta un email confirmando a dispoñibilidade da actividade solicitada e a confirmación da praza.
Actualmente atópase aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades:
“A arquitectura do Camiño”
Data: venres 10 de xuño de 2022
Hora: De 17:00 a 18:30
Idade: 6 a 11 anos
Aforo completo
Neste obradoiro converterémonos en auténticos construtores: interpretaremos planos, traballaremos en equipo e levantaremos estruturas medievais utilizando o sistema Lupo.
Un obradoiro vinculado á actual exposición temporal “Santiago:peregrinación, cidade, escola” no que, a través do xogo, os máis novos poderán aprender sobre a arquitectura que se espallou a través do Camiño de Santiago.
Actividade gratuíta. Imprescindible reserva previa