Condicións para as visitas de grupos
· Grupos de máis de 10 persoas
· Imprescindible reserva previa mediante o formulario online desta páxina
· O envío do formulario de solicitude de visita non garante a súa realización. O solicitante deberá recibir resposta coa confirmación por correo electrónico.
· Tódolos tipos de visita son gratuítos.
Tipos de visita
CENTROS EDUCATIVOS
O museo ofrece diferentes actividades e xeitos de visitar a colección pensadas para os centros escolares e adaptadas aos distintos niveis educativos.
Visita guiada: percorrido guiado polas principais salas da exposición permanente do museo.
Duración: 60 minutos
Grupos de 10 a 25 persoas
Nivel educativo: todos
Ruta didáctica: visita na que o alumnado percorrerá o museo resolvendo en pequenos grupos as preguntas e propostas incluídas nos cadernos didácticos que acompañan á actividade.
Duración: 75 minutos
Grupos de 10 a 60 persoas
Nivel educativo: 3º a 6º EP, 1º a 4º ESO
Visita libre: visita non guiada á colección do museo.
Duración: flexible
Nivel educativo: todos
Documento coa oferta educativa ao completo:
OUTROS GRUPOS
Os grupos non escolares poden visitar o museo mediante visita libre ou ben a través das visitas guiadas.
Visita guiada: percorrido guiado polas principais salas do museo co que se realiza un achegamento á colección e á historia da educación en Galicia dende o século XIX.
Duración: 60 minutos
Grupos de 10 a 25 persoas
Visita libre: visita non guiada á colección do museo.
Duración: flexible