“Brincadeiras da lingua” (Migallas Teatro)

imaxe

Sábado 20 de maio de 2023. 17:30 h
Público familiar (recomendado a partir de 4 anos)
Actividade de balde. Reserva previa a través do formulario da web*

 

Espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques...

* Os nenos/as deberán asistir acompañados dun adulto. Na solicitude de reserva deberán constar tódolos asistentes ao espectáculo, tanto adultos como público infantil. De resultar insuficientes os campos habilitados, poderán engadirse datos no apartado de “observacións” do formulario.