Obradoiro para público infantil
Como foron os inicios da escritura no mundo? Que civilizacións foron as pioneiras en desenvolver esta prezada ferramenta?
Con motivo do Día do Libro, viaxaremos ata a antiga Mesopotamia para explorar os segredos que agocha esta civilización e reflexionar sobre o sentido e a importancia dela no nacemento da escritura. Así a rapazada terá a oportunidade de converterse por un día en auténticos escribas, recreando e descifrando unha das primeiras formas de escritura coñecidas.
Venres 19 de abril de 2024
17:30 a 18:30
Público infantil de 6 a 11 anos
Actividade de balde
Imprescindible reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obrado…
Ficheiro