"O apalpador e a nena sen medo" (A Xanela do Maxín)

apalpador

Contacontos con monicreques


Sábado 21 de decembro de 2024. 17:30h
Familias con nenas/os (recomendado de 3 a 9 anos)
Actividade gratuíta 
Reserva previa a través da web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/inscricion-actividades-e-obradoiros

 

O apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños...