"O eco das pedras" (Raquel Queizás)

eco das pedras

Sábado 18 de maio ás 17:30
Espectáculo de narración oral
Público familiar (a partir de 5 anos)
Actividade de balde. Reserva previa a través do formulario online: https://mupega.edu.xunta.gal/inscricion-actividades-e-obradoiros *

AFORO COMPLETO

 

Espectáculo no que, a través das narracións de Raquel Queizás acompañadas de proxeccións e obxectos, achegarémonos ao noso patrimonio e á nosa mitoloxía.    

“Na nosa terra, Galicia, as pedras están vivas. Nelas agóchanse tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descifrar. As pedras falan, só hai que pararse a escoitalas para poder viaxar ao outro lado, alén.”

Duración: 50 minutos

* Os nenos/as deberán asistir acompañados dun adulto. Na solicitude de reserva deberán constar tódolos asistentes ao espectáculo, tanto adultos como público infantil. De resultar insuficientes os campos habilitados, poderán engadirse datos no apartado de “observacións” do formulario.