Quen ten cú ten medo

meiga

 

Espectáculo para público familiar (a partir de 6 anos)
Sábado 28 de outubro ás 17:00
Actividade gratuíta 
Reserva previa

 

Neste espectáculo, a cargo de Tarabela Creativa, a meiga abriranos as portas da súa casa para guiarnos nun "Cursiño de prevención de medos". Nel, a través da narración oral, coñeceremos cinco seres mitolóxicos da cultura popular galega; cinco contos que nos darán as pistas para enfrontarnos á parte práctica do curso: unha serie de xogos cos que levar a cabo todos aqueles antídotos contra o mal escoitados nas historias. 
Falaremos da Santa Compaña, do Lobishome, da Meiga Chuchona, do Tardo e do Gatipedro e venceremos toda unha serie de desafíos que nos deixarán claras dúas cousas: o catálogo de seres que habitan a nosa fantasía e o feito de que, en realidade, estamos cheíños de valentía.