Ruta “Educar para o equilibrio”

educar para o equilibrio

Proposta de percorrido expositivo

Do martes 16 ao sábado 20 de maio en horario de apertura do museo
Entrada libre e de balde

 

Con motivo do Día Internacional dos Museos organizamos un percorrido autónomo especial á colección do museo que xira en torno ao tema da sostibilidade. A través de diferentes pezas poderedes coñecer as orixes da educación ambiental no noso país así como redescubrir parte dos fondos do museo baixo a actual perspectiva de crise ambiental na que nos atopamos.