Travesías: Aventuras de libro

travesías

Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques 

 

Venres 24 de marzo ás 17:30
Familias con nenos e nenas a partir de 3 anos
Actividade gratuíta
Imprescindible reserva previa

AFORO COMPLETO 

Ata hai pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa e case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. En cambio, neste espectáculo agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Contos que transmiten valores de igualdade, respecto e convivencia entre nenos e nenas e entre mulleres e homes.

Dirección e interpretación: Raquel Queizás