Unha noite no muíño

cartel

 

Espectáculo para público familiar 

Venres 9 de xuño ás 17:30
Familias con nenos e nenas (recomendado de 4 a 10 anos)
Actividade gratuíta
Reserva previa

 

Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleita, a malla, ir ao muíño moer... eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada. 
Neste espectáculo Caxoto fará un percorrido por esas tradicións, contaranos como se divertían as nosas avoas e avós e converterá o museo nun local de baile improvisado onde escoitaremos muiñeiras, agarrados ou pasodobres ao son dos nosos instrumentos: gaita, pandeireta, acordeón... e quen sabe? ... cun pouco de sorte incluso aprenderemos a bailar unha sinxela muiñeira. 

Dirección e interpretación: Caxoto