Espectáculo de narración oral para público familiar (adultos con nenas/os de 4 a 10 anos)
Venres 25 de outubro ás 17:30
Actividade gratuíta
Reserva previa a través do formulario online: https://mupega.edu.xunta.gal/inscricion-actividades-e-obradoiros *
Dende ben atrás no tempo, coa chegada do outono, os nosos antepasados apuraban o remate da tempada de colleitas e as familias preparábanse para as longas e frías noites do inverno. Pero se en Galicia hai unha tradición é que nunca se remata un traballo sen celebralo por todo o alto. Nese momento as despensas rebordaban cereal, mel, viño, carne curada da matanza... e por suposto castañas... xa temos os ingredientes necesarios para un bo magosto.
Enriba do escenario Caxoto iranos contando de todas estas cousas mentres fai un zoncho; o colar de castañas que cando era neno lle facía a súa avoa para levar á escola.