Mércores 15 de maio ás 17:30
Público adulto
Actividade de balde previa inscrición a través do correo electrónico*
Visita guiada temática á exposición permanente do museo. O percorrido estará centrado en exemplos de iniciativas e innovacións que, ao longo da historia da educación en Galicia, permitiron ir transformando un modelo de escola tradicional cheo de exclusións noutro máis integrador.
Duración: 50 minutos
*Inscrición: Para participar é necesario inscribirse enviando unha mensaxe electrónica a museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal indicando nome e apelidos de cada participante, teléfono de contacto e email. As persoas rexistradas recibirán resposta á súa solicitude por correo electrónico.
Ficheiro