Unha nova exposición temporal ocupa as salas do MUPEGA. Nesta ocasión trátase da rotulada: ‘Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia’, promovida polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega e coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. A mostra permanecerá ata o 28 de xuño podendo ser visitada gratuitamente no horario habitual de apertura do museo (martes a sábado de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h ).
Ao longo dos seus 42 paneis profusamente ilustrados e rigurosamente documentados destacase o compromiso solidario dos emigrantes galegos, ao largo da segunda metade do século XIX e primeiro tercio do XX, cos seus varios centos de escolas construídas e sostidas que, contribuiron de maneira notable ao avance educativo e cultural da poboación galega.
Complementase a mostra con abundante documentación das sociedades de instrucción promotoras destas obras educativas singulares e unha representación do seu enxoval escolar que no seu momento supuxo unha luz de progreso e modernidade na historia da educación galega.
A exposición está comisariada polo profesor da Universidad de Santiago de Compostela, D. Vicente Peña Saavedra e documentada por Carolina García Borrazás e María Teresa García Domínguez do Arquivo da Emigración Galega.