O 21 de outubro de 2004, o MUPEGA, abría as súas portas ó público na compostelá rúa de San Lázaro, en plena ruta xacobea. O museo inseríase dentro da Consellería de Educación e nomeadamente na súa Secretaría Xeral Técnica,
onde permanece ata a actualidade.
Para conmemorar tan importante efeméride, presenta na actualidade e ata o mes de marzo de 2015, unha exposición conmemorativa desa andaina histórica na súa primeira planta. Preto dun cento de imaxes e textos lembran ó visitante
os acontecementos máis sobranceiros que neste decenio tiveron ó museo compostelán como protagonista.
The referenced media source is missing and needs to be re-embedded.