Extra -3 - 10 anos do Museo Pedagóxico de Galicia

O 21 de outubro de 2004, o MUPEGA,  abría as súas portas ó público na compostelá rúa de San Lázaro, en plena ruta xacobea. O museo inseríase dentro da Consellería de Educación e nomeadamente na súa Secretaría Xeral Técnica,
onde permanece ata a actualidade.

Para conmemorar tan importante efeméride, presenta na actualidade e ata o mes de marzo de 2015, unha exposición conmemorativa desa andaina histórica na súa primeira planta. Preto dun  cento de imaxes e textos lembran ó visitante
os acontecementos máis sobranceiros que neste decenio tiveron ó museo compostelán como protagonista.

 

The referenced media source is missing and needs to be re-embedded.