Exposición itinerante

background

Exposición itinerante

portadas-destaques-seccion

O Museo Pedagóxico de Galicia, no seu labor de difusión e divulgación do patrimonio educativo galego vén dende a súa xénese, organizando diversas exposicións itinerantes: O MICROESPAZO MUPEGA que algúns centros educativos demandan con motivo da conmemoración dalgunha efeméride.

 

Exposición itinerante 1

 

Pódese recrear unha aula do pasado, con todos os seus elementos: pupitres, mapas e láminas,pizarras, pizarrines, plumillas e tinteiros, libros (silabario, enciclopedías)...

 

Exposición itinerante 2

 

Do transporte, seguro e conservación se responsabilizarán os centros ou colectivos demandantes que poderán solicitala a través dos formularios que figuran nesta páxina.

 

Exposición itinerante 3

 

COMPROMISOS

  • A solicitude debe facerse cunha antelación mínima de 15 días.
  • Achegar no momento da entrega das pezas unha copia do seguro integral das mesmas desde a recollida até a devolución no MUPEGA.
  • Indicación de procedencia das pezas que pertencen ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), tanto na exposición como nos medios de divulgación que se empreguen por parte dos seus organizadores.
  • Devolver o material nas mesmas condicións que foi retirado  no lugar e prazo establecido.

Teléfono de contacto: 981 540150

 

 

Solicitude de exposicións itinerantes