Exposición temporal

background

Exposición temporal

portadas-destaques-seccion
cartel

 

Dende o 26 de maio o Museo Pedagóxico de Galicia acolle a exposición temporal "Educación, Xénero e Lectura".

A mostra pretende mostrar realidades, imaxes e representacións dun pasado-presente da educación que nos damos desde mediados do século XIX ata a actualidade, particularmente, das nenas e mulleres: entre os estereotipos e as discriminacións que trazaron modos de ensinar e aprender -nas escolas, nas familias e nas comunidades- sustentados en valores, comportamentos, etc. e as oportunidades que teñen permitido superalos pola consciente procura da coeducación, a equidade, a inclusión e o mais pleno respecto as diversidades que nos caracterizan. 

 

Comisariada pola Prof. Dra. Rita Gradaílle Pernas e o Prof. Dr. Antón Costa Rico, a exposición articúlase a través dun itinerario visual que recorre un conxunto de 16 mesas expositoras con libros e recursos escolares, obxectos significativos, fotografías históricas, cartelística e imaxes, información escrita e… unha invitación á esperanza construtiva.