Novas Adquisicións

background

Novas Adquisicións

O Museo Pedagóxico de Galicia colabora cos centros educativos galegos para adquirir, estudar e salvagardar pezas do patrimonio histórico -educativo da nosa comunidade. Asemade, a adquisición de novas pezas permite enriquecer o fondo museístico e contribúe á mellora das exposicións

imaxe afialapis

Afialapis de mesa

El Casco, Éibar (Guipúscoa)
c.a. 1969

IES Manuel García Barros, A Estrada


Asociado ao uso do lapis na escola, o afialapis aparece como a solución ante o afiado simple con coitelo, que supuña un risco evidente de manipulación en idades temperás. Os primeiros afialápises (de man e con coitela simple) verán a luz en Francia nos anos vinte do século XIX. Será a industria estadounidense, porén, a que comece a súa fabricación a partir de 1855. Crearanse máis adiante, xa no século XX, afialápises de mesa dirixidos ao uso en oficinas, pero que tamén aparecerán nos centros educativos.