Nesta ocasión para a selección da nosa derradeira peza destacada do ano, quixemos homenaxear o quincuaxésimo aniversario da chegada do home á Lúa.
A nosa peza destacada trátase desta vez, dun conxunto de materiais escolares que conteñen aspectos relativos ao aprendizaxe da Lúa.
Entre eles, poderemos atopar: un conxunto de diapositivas con diversas imaxes da lúa acompañadas por un visor con luz, un traballo educativo do ano 1949 que inclúe ilustracións da lúa feitas por un alumno e material bibliográfico que aborda temas como: as viaxes espaciais, a misión Apolo XI ou o estudo do universo.