Caixa didáctica "A obtención da seda"
Nesta ocasión queremos destacar o emprego das caixas didácticas como recurso educativo, unha ferramenta de aprendizaxe de gran importancia para explicar certos contidos ao alumnado nunha época na que non había recursos audiovisuais nin tecnolóxicos.
Nesta caixa concreta pode apreciarse o proceso completo da obtención da seda, dende a alimentación a metamorfose do verme de seda ata a creación do fío e do tecido natural ou tinxido obtido da crisálide.