Dictionarium
Madrid, 1764
Elio Antonio de Nebrija
Exemplar da edición de 1764 do Dictionarium do humanista Antonio de Nebrija (1444-1522). O volume inclúe o dicionario latín-español e o español-latín, os dous do mesmo autor e editados por primeira vez na derradeira década do século XV.
Considerado durante moito tempo o primeiro dicionario da lingua española, tratouse dunha obra pioneira e de gran modernidade que chegou a converterse en modelo para posteriores dicionarios europeos. En España tivo gran éxito e difusión e o seu uso didáctico estendeuse ata o século XIX.