Maruja Mallo

Coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller (8 de marzo) e o Día das Artes Galegas (1 de abril), o Mupega desenvolve unha actividade conmemorativa consistente nun roteiro deseñado para as persoas que visiten o Mupega, no que se destacan espazos expositivos relacionados con mulleres galegas que xogaron un papel activo na educación, con especial atención á figura de Maruxa Mallo.

 

Durante os meses de marzo e abril o espazo expositivo de carácter temporal “Peza destacada”, no vestíbulo do Mupega, está dedicado a Maruxa Mallo, destacando a súa labor como mestra, o seu compromiso coas Misións Pedagóxicas, e o seu traballo na educación non formal.

 

Podes ver unha pequena presentación, premendo no seguinte enlace.

 

Relato realidad de Galicia