Modelo clástico de colmea
París, 1907
Dr. Louis Thomas Jérôme Auzoux
Maqueta realizada en pasta de papel que reproduce a estrutura dunha colmea de abellas. O modelo, fabricado en 1907, permite a montaxe e desmontaxe de varios dos seus elementos. Deste xeito faise visible a anatomía do animal e a estrutura da propia colmea cunha finalidade claramente didáctica.