O "futbolín" de Alexandre Fisterra

No ano 2019 cúmprense 100 anos do nacemento de Alejandro Campos Finisterre máis coñecido como Alexandre Fisterra o inventor do futbolín. Porén, no Mupega queremos homenaxear a súa figura expoñendo o futbolín como peza destacada na planta baixa do museo.

Baixo a invención deste xogo, agóchase unha fermosa historia.

futbolín exposto é unha peza  elaborada en Portugal na segunda metade do s.XX e correspóndense a un modelo de futbolín denominado internacional. Esta denominación débese á colocación das pernas dos xogadores (pernas xuntas) e á distribución dos mesmos no campo de xogo.

 

Futbolin