Nestes dous tomos da publicación da Obra Completa de Concepción Arenal da segunda metade do S.XIX a autora realiza un estudo minucioso da situación dos presos nos centros penitenciarios realizando unha denuncia sobre as precarias condicións nas que vivían os presos.
Asemade, ao longo destas dúas obras literarias, Concepción Arenal establece unha serie de reformas necesarias para favorecer a situación dos reclusos e o tratamento que estes recibían.
Probablemente a súa cita máis célebre "Odia o delito e compadece ao delincuente" resume moi ben o seu pensar sobre os presos como produto dunha sociedade reprimida e represora.