A nosa nova peza destacada é unha variante do tradicional xogo do "parchís" adaptada para poder ser empregada por persoas con deficiencia visual e, ao mesmo tempo, por videntes.
Consta de todos os elementos necesarios para xogar: taboleiro, pezas, cores...etc. Contén as adaptacións necesarias para invidentes como poden ser: fichas insertables e diferenciables de maneira táctil, Braille para as casas de cores e pequenos buratos no taboleiro para evitar que se despracen as fichas.
Esta peza da segunda metade so s.XX procede do CRE Santiago Apóstol de Pontevedra (actualmente denominado CRE da ONCE) que, dende 1943, adícase a mellorar o desenvolvemento educativo e social das persoas con deficiencia visual.