Planetario mecánico

Planetario


Planetario mecánico que representa o modelo heliocéntrico copernicano. Fabricado en Francia, foi adquirido polo Instituto Arcebispo Xelmírez (Santiago de Compostela) durante o curso 1878-1879.


Empregado cunha finalidade didáctica nas aulas, permitía non só exemplificar de xeito visual o modelo heliocéntrico senón tamén cuestións relacionadas coa mecánica e fenómenos celestes.

 

planetario