COMPROMISOS
- A solicitude deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días.
- Correrá a cargo da entidade solicitante a realización dunha póliza de seguro do lote de pezas que cubra a duración total do préstamo (incluídos os traslados), desde a recollida ata a devolución no Museo Pedagóxico de Galicia. A entrega do certificado de dito seguro será imprescindible para a autorización de saída do material.
- O transporte correrá a cargo da entidade solicitante e terá que cumprir as prescricións técnicas que requiran as pezas incluídas no lote obxecto do préstamo.
- Deberá indicarse a procedencia das pezas tanto na exposición como nos medios de divulgación empregados por parte dos seus organizadores.
Solicitude de préstamo de exposición ou pezas do fondo patrimonial