Día Internacional dos Museos 2025
Un ano máis, o 18 de maio institucións culturais de todo o mundo celebramos o DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS como forma de destacar o papel dos museos no intercambio e enriquecemento cultural.
Achegámosvos o programa de actividades para festexar esta data tan especial con vós.
Espazo “Castelao ensina”
Mostra sobre Castelao na súa dobre vertente de docente no Instituto de Pontevedra, así como de cidadán que compartiu, a través da súa obra, a súa visión crítica sobre a situación da escola na Galicia que lle tocou vivir.
A partir do 13 de maio
Aberto en horario de apertura do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/o-museo/horarios
Entrada libre
"A maleta da mestra" (Raquel Queizás)
Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques.
Á nova mestra chamábamoslle “pisa pouquiño”, era divertida e agarimosa, non como Dona Clarisa. Chsss! Que agocha a maleta da nova mestra? Que misterio! Abrímola amodiño...
Público familiar (a partir de 3 anos)
Venres 16 de maio. 17:30h
De balde con reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obrado…