Espectáculo familiar "O eco das pedras"

Espectáculo familiar "O eco das pedras"

eco das pedras

Para celebrar o Día Internacional dos Museos, o sábado 18 de maio estará con nós Raquel Queizás narrando historias que, acompañadas de proxeccións e obxectos, nos achegarán ao noso patrimonio cultural.  

“Na nosa terra, Galicia, as pedras están vivas. Nelas agóchanse tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descifrar. As pedras falan, só hai que pararse a escoitalas para poder viaxar ao outro lado, alén.”

Sábado 18 de maio ás 17:30

Duración: 50 minutos

Público familiar (a partir de 5 anos)

Actividade de balde. Reserva previa a través do formulario onlinehttps://mupega.edu.xunta.gal/inscricion-actividades-e-obradoiros *

* Os nenos/as deberán asistir acompañados dun adulto. Na solicitude de reserva deberán constar tódolos asistentes ao espectáculo, tanto adultos como público infantil. De resultar insuficientes os campos habilitados, poderán engadirse datos no apartado de “observacións” do formulario.