Espectáculo familiar: "Quen ten cú ten medo"
Tarabela Creativa
Espectáculo para público familiar (a partir de 6 anos)
Neste espectáculo a meiga abriranos as portas da súa casa para guiarnos nun "Cursiño de prevención de medos". Falaremos da Santa Compaña, do Lobishome, da Meiga Chuchona, do Tardo e do Gatipedro e venceremos toda unha serie de desafíos que nos deixarán claras dúas cousas: o catálogo de seres que habitan a nosa fantasía e o feito de que, en realidade, estamos cheíños de valentía.
Sábado 28 de outubro ás 17:00
Familias con nenos e nenas a partir de 6 anos
Actividade gratuíta
Reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obrado…