Espectáculo familiar: "Unha presada de castañas" (Caxoto)

Espectáculo familiar: "Unha presada de castañas" (Caxoto)

caxoto

 

Dende o tempo dos Celtas, coa chegada do outono, os nosos antepasados apuraban o remate da tempada de colleitas e as familias preparábanse para as longas e frías noites do inverno. Pero se en Galicia hai unha tradición é que nunca se remata un choio sen celebralo por todo o alto. Nese momento as despensas rebosaban cereal, mel, viño, carne curada da matanza... e por suposto castañas... Xa temos os ingredientes necesarios para un bo magosto!


Enriba do escenario Caxoto iranos contando de todas estas cousas mentres fai un zoncho; o colar de castañas que cando era neno lle facía a súa avoa para levar á escola.

 

Espectáculo de narración oral

Venres 25 de outubro ás 17:30

Público familiar (adultos con nenas/os de 4 a 10 anos)

Entrada gratuíta. Reserva previa na web do museo: 
https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obrado…