"O apalpador e a nena sen medo" (A Xanela do Maxín)
Espectáculo familiar no que a compañía “A Xanela do Maxín” parte da figura tradicional do apalpador para convertelo en protagonista deste conto que levan á escena a través de monicreques e da narración oral:
"O apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños..."
Sábado 21 de decembro ás 17:30
Familias con nenas/os (recomendado de 3 a 9 anos)
Actividade gratuíta
Reserva previa a través da web do museo:
https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obrado…