Programación de Nadal

Programación de Nadal

Coa chegada do Nadal, dende o Museo Pedagóxico de Galicia queremos convidarvos a compartir con nós este período de festas e ocio visitando o museo e participando das actividades programadas para estas semanas:

 

Obradoiros “Factoría de xoguetes” 


Como eran os xoguetes cos que xogaban os nosos avós e bisavós? Neste obradoiro coñeceremos varios deses enredos tradicionais. Centrarémonos especialmente nos que construía a propia rapazada e remataremos tentando fabricar algún coas nosas propias mans.

Obradoiro 1:
Nenos e nenas de 6 a 8 anos
Data: Martes 26 de decembro  
Hora: 11:30 a 12:30
Actividade de balde. Imprescindible reserva previa

Obradoiro 2:
Nenos e nenas de 9 a 11 anos
Data: Martes 2 de xaneiro  
Hora: 11:30 a 12:30
Actividade de balde. Imprescindible reserva previa

cartel

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Exposición temporal “Educación, Xénero e Lectura”

Mostra arredor da educación das nenas e mulleres desde mediados do século XIX ata a actualidade: entre os estereotipos e discriminacións e as oportunidades que teñen permitido superalos.

Entrada de balde

Aberta en horario de apertura do museo

 

cartel