SEMANA DOS MUSEOS

SEMANA DOS MUSEOS

DIM2024

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2024

O vindeiro 18 de de maio, no Museo Pedagóxico de Galicia unímonos un ano máis á celebración do Día Internacional dos Museos organizando un programa de actividades gratuítas para tódolos públicos que este ano se articula arredor do lema proposto polo ICOM: “Museos para a educación e a investigación”.

 

PROGRAMACIÓN

Visita guiada “Educación sen límites”

Mércores 15 de maio ás 17:30
Público adulto
Actividade de balde previa inscrición a través do correo electrónico*

Visita guiada temática á exposición permanente do museo. O percorrido estará centrado en exemplos de iniciativas e innovacións que, ao longo da historia da educación en Galicia, permitiron ir transformando un modelo de escola tradicional cheo de exclusións noutro máis integrador.

Duración: 50 minutos

*Inscrición: Para participar é necesario inscribirse enviando unha mensaxe electrónica a museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal indicando nome e apelidos de cada participante, teléfono de contacto e email. As persoas rexistradas recibirán resposta á súa solicitude por correo electrónico.

 

Espectáculo “O eco das pedras” (Raquel Queizás)

Sábado 18 de maio ás 17:30

Espectáculo de narración oral

Público familiar (a partir de 5 anos)

Actividade de balde. Reserva previa a través da web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/inscricion-actividades-e-obradoiros

Espectáculo no que, a través das narracións de Raquel Queizás acompañadas de proxeccións e obxectos, achegarémonos ao noso patrimonio e á nosa mitoloxía.

 

Ruta “Educación sen límites”

Do martes 14 ao sábado 25 de maio en horario de apertura do museo

Entrada libre e de balde

Itinerario autónomo que permite, a través das coleccións do museo, achegarse a algunhas das iniciativas e innovacións que, ao longo da historia da educación en Galicia, permitiron ir transformando un modelo de escola tradicional cheo de exclusións noutro máis integrador.

 

+ Información: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obrado…