Cesión de espazos

O Museo Pedagóxico de Galicia, a solicitude de órganos das administracións públicas, os seus organismos autónomos e as entidades do sector público dependentes ou vinculadas a calquera dos mesmos, sempre que dispoña de espazos libres, poderá acoller determinados actos que non teñan ánimo de lucro, e persigan unha finalidade axeitada aos obxectivos do centro, segundo o previsto no Decreto 268/2000, de creación.

Os espazos dispoñibles dos que dispón o museo son os seguintes:

  • A biblioteca, cun aforo máximo de asistentes de 22 persoas.
  • O salón de actos con 112 butacas.

 

Solicitude de uso de espazos