27/11/2019 - 14:55

Galería: Visita do centro de maiores de Cerceda.

  • Hoxe no Mupega recibimos a visita dun grupo do Centro de maiores de Cerceda para ver a exposición permanente.

Esta mañá recibimos no Mupega  unha desas visitas que tanto nos gusta polo moito que aprendemos nelas. Un grupo do centro de maiores de Cerceda veu coñecer a exposición permanente e, ao mesmo tempo, a compartir connosco as súas experiencias relacionadas co ensino. Foi unha visita do máis agradable, chea de nostalxia e de pequenas historias escolares contadas de primeira man. Agardamos que desfrutaran da súa visita tanto coma nós con eles e por suposto convidámolos a volver novamente. 

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros