06/02/2020 - 10:49

Galería: Visita do CPR Belén

  • Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria do CPR Belén de Ferrol viñeron onte ao Mupega.

1 de 2

Como o alumnado de 4º de Primaria xa visitara a exposición permanente no curso pasado, nesta ocasión decidiron coñecer a exposición temporal "Homo sapiens, transmisor de coñecemento". Nela puideron ver material didáctico relacionado coas ciencias naturais e con outras materias, que se empregaba nos institutos nos séculos XIX e XX como apoio ás explicacións do profesor.

Os compañeiros de 3º de Primaria, en cambio, era a primeira vez que viñan ao museo, así que fixeron un percorrido pola exposición permanente.

Esperamos que ámbolos dous grupos gozaran da visita e que se animen a voltar o ano próximo.

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros