18/02/2020 - 14:44

Galería: Visitas de grupos escolares de Educación Primaria no Mupega.

  • Ao longo destes días no Mupega recibimos a visita de varios grupos de Educación Primaria que se achegaron a coñecer a nosa exposición permanente.

1 de 3

Alumnos/as de 6º do CEIP López Ferreiro e de dous grupos de 3º a 6º de Educación Primaria do CPR Artai visitaron o noso museo para poder coñecer un chisco da historia da nosa educación. Todos eles amosaron interese en coñecer os antigos materiais empregados na ensinanza, os xoguetes e os segredos que gardan as escolas chegadas alén mar. Foi un pracer telos connosco e agardamos que volvan cando o desexen.

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros