Sábado de Contos

O MUPEGA celebra o SAMAÍN

Contaremos historias de medo e os nenos e as nenas realizarán un pequeno obradoiro


Vir divertirvos !!!!

Ó contacontos asisitirán 20  nenos/as de 5 a 8 anos (previa reserva por correo electrónico: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es)

Esperámosvos!!!!!

 

MUPEDUCA: Proxecto de colaboración con centros educativos

As visitas a museos ocupan gran parte das actividades programadas polos centros de ensino cando teñen que saír do aula. Ao comezo do curso escolar a información que chega a devanditos centros de museos e outros espazos patrimoniais, tanto culturais como naturais, ofrecendo os seus servizos é enorme.

 

Non só queremos propoñer nós as actividades, visitas, propostas didácticas relacionadas coas exposicións do museo. Queremos que sexades vós, os docentes, os que nos propoñades as vosas ideas. Ofrecemos unha forma de colaboración entre a túa aula, entre o centro e o museo. Unha forma de traballar para crear novas experiencias para chegar a coñecer a nosa historia e o noso patrimonio. Nós xa ofrecemos unha vía, un camiño... Pero, por que non ir por outra estrada?

Queres vir cos teus alumnos, para recrear/ interpretar nunha aula antiga, como era a educación de antes?

Fixestes un proxecto de investigación sobre calquera tema relacionado co noso museo e queréis  vir recobrar información?, traballades os xogos tradicionais na aula e queredes vir a xogar con eles? ..

 Plantéxanos a túa idea, e colaboraremos para levala a cabo.