Os maiores do concello de Arteixo visitáronnos o mércoires 1 de xuño
Tiveron recordos da súa infancia, e contáronnos un montón de anécdotas. Volvede pronto!!!!
O martes 31 de maio visitáronnos os alumnos/as do CPI Portas
Descubriron moitas cosas: como eran as escolas de antes, os materiais, os xogos e xoguetes de antes, e xogarón pola exposición Temporal a un xogo de pistas. Esperámosvos!
Os alumnos/as do Colexio M. Peleteiro visitáronnos o xoves 27 de maio
En varios grupos ó longo de toda a xornada da mañá os alumnos de 2º E.Primaria do Colexio M.Peleteiro descubriron os recunchos do museo: Doloriñas, a curva dos xoguetes, a aula obradoiro... desfrutaron das actividades propostas e esperamos que volvan pronto!!!
Tes más conto que Calleja!
SATURNINO CALLEJA foi editor, pedagogo e escritor español, fundador da Editorial Calleja e autor de libros de Educación Primaria e de lectura infantís.
O Espazo máxico. 25 anos da Revista PEONZA
Desde outubro de 2015 a xaneiro de 2016 o MUPEGA acollerá unha exposición creada pola Revista PEONZA, onde aparecen elementos da literatura e o mundo das ilustracións xogando co baile das buxainas.