A Organización de Nacións Unidas proclamou o 4 de xaneiro o día mundial do Braille co fin de crear unha maior conciencia sobre a importancia deste sistema como medio de comunicación para a plena realización dos dereitos das persoas invidentes.
Esta data foi escollida pola súa coincidencia co nacemento do seu creador: Louis Braille (4 de xaneiro 1809, Francia).
O Braille é un sistema alfabético en relevo co que se poden representar as letras, números, signos de puntuación, linguaxe musical...
A máquina de escritura en Braille Perkins ,creada no ano 1951 por David Abraham, supuxo un gran avance para as persoas invidentes permitindo realizar a escritura en Braille dun xeito directo e cunha maior velocidade.
A nivel educativo é o aparello máis empregado nas escolas para a o desenvolvemento da escritura en Braille polos alumnos con deficiencia visual.