A Asamblea Xeral de Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro coma unha data sinalada para loitar pola igualdade de oprtunidades, visibilade e participación das mulleres na ciencia. A pesar de que nos ámbitos de enxeñería, ciencia e matemáticas a representación das mulleres é cada vez maior aínda segue a ser minoritaria en comparación a dos homes. O Mupega quere unirse na loita de reivindicación dun papel máis activo das mulleres e na trasmisión destes valores as nenas dende a escola.
No seguinte enlace podedes ler un manifesto da ONU en relación a conmemoración do día de hoxe.