A RAGC salienta o espírito loitador de Jimena Fernández de la Vega dende que fora a primeira licenciada en Medicina pola USC. Destaca a súa incorporación da xenética ao ámbito da saúde converténdose nunha pioneira da xenética médica en España.
No Mupega unímonos á homenaxe desta extraordinaria muller lembrándonos tamén de todas as nenas e mulleres galegas que, durante moitos anos, non tiveron a oportunidade de acceder a unha educación con igualdade de dereitos sendo afastadas da posibilidade de desenvolver as súas capacidades no ámbito científico-tecnolóxico.