O Museo Pedagóxico de Galicia súmase a todos os actos de apoio que se celebran hoxe para favorecer a toma de conciencia sobre as necesidades das persoas con discapacidade ou diversidade funcional.
A discapacidade é unha condición que afecta as personas e que pode ser física ou mental.
A poboación mundial supera os sete mil millóns de persoas e máis de mil millóns delas conviven con algún tipo de discapacidade.
Máis de cen millóns de persoas discapacitadas son nenos ou nenas.
Dende o Mupega consideramos necesario fomentar a inclusión educativa e social en prol da igualdade de dereitos e oportunidades entre as persoas.
Dentro do noso museo podemos ver algunhas pezas que se empregaban no ensino de persoas con discapacidade nos primeiros Centros de Educación Especial de Galiza e que nos axudan a coñecer o duro camiño percorrido na mesma.