A semana pasada publicamos un vídeo sobre a nosa exposición temporal: Homo Sapiens, trasmisor de coñecemento. Unha das pezas que máis gusta a pequenos e maiores dentro desta exposición é "A calculadora Brunsviga".
Esta calculadora mecánica do 1920 procedente do IES Eusebio da Guarda permite realizar con exactitude as 4 operacións básicas.
As calculadoras mecánicas foron de grande utilidade en contornos comerciais e de contabilidade grazas a súa rapidez e fiabilidade. O seu uso nas aulas melloraba a formación do alumnado facilitando o seu acceso a traballos onde fose preciso o seu emprego.
Nas visitas guiadas á exposición, o noso público non deixa de abraiarse polo ben que aínda traballa esta calculadora que conta con 100 anos de antigüididade.
Premendo no seguinte enlace podedes vela en funcionamento.