A Gabeta do Mupega segue o seu percorrido polos centros galegos ensinando aos máis pequenos/as o museo dende a distancia. Este mes de abril a gabeta inclúe, na súa sección especial, material para traballar o Día do Libro. Con el poderedes aprender diversas curiosidades sobre os libros e veredes algúns dos máis especiais que gardamos no Mupega. Tamén contamos cun caderno con fichas e actividades para realizar nesta data especial que ben seguro que ides celebrar dunha forma ou outra.
Lembrade que para solicitar a Gabeta do Mupega só tendes que enviar un correo electrónico a: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal indicando o voso nome e apelidos, centro de destino e interese en recibir a gabeta.
Agardamos que sexa de utilidade!